A continuación deixamos tres recursos de portais educativos dirixidos ao profesorado que nos pareceron bastante interesantes e que esperamos que vos sexan de utilidade:
- A Clase de Infantil:
Percorrido: Buscamos en Google “recursos para profesores de infantil” e
escollemos a terceira opción, que levounos á páxina http://www.cyberpadres.com/irescuela/recursos/prof_estud.htm. Alí pinchamos en "Recursos Ed. Infantil" e posteriomente en "AClase de Infantil".
Carácter: Online
Descrición: Portal dirixido ao profesorado de Educación Infantil. Tamén se encarga da revista "La Clase de Infantil", dirixida ao profesorado de Educación Infantil de España.
Comentario: Pensamos que é unha páxina moi útil para que os profesores compartan experiencias e coñecementos. Ademais conta con numerosos recursos (revistas, fichas pedagóxicas, literatura infantil...) que poden ser de grande interese e utilidade para o profesorado.
2. Education World:
Percorrido: Buscamos en Google “portales educativos para el profesorado” e
escollemos a segunda opción, que nos levou a un apartado da páxina do MECD. Alí
pulsamos en “portales educativos en el exterior” e posteriormente no hipervínculo
“Education World”.
Carácter: Online
Descrición: Portal educativo estadounidense que ten como un dos seus
obxectivos principais a integración das TIC na aula.
Comentario: A posibilidade de compartir opinións e experiencias sobre as
TIC con profesionais doutros sistemas educativos moi diferente ao noso
pareceunos moi interesante e beneficioso para a comunidade educativa.
3. Maestroteca:
Percorrido: Buscamos en Google “portales educativos para el profesorado” e
escollemos a segunda opción, que nos levou a un apartado da páxina do MECD. Alí pinchamos en “portales educativos en España” e posteriormente no hipervínculo “Maestroteca”.
Carácter: Online
Descrición: Portal educativo que proporciona múltiples e diversos recursos
para o docente.
Comentario: Pareceunos un portal moi completo onde o docente pode atopar diversos
contidos educativos relacionados coas TIC, como por exemplo aplicacións e
vídeos educativos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario