PIPOCLUB
A dirección desta web é: http://www.pipoclub.com/
Para chegar aquí buscamos en Google "juegos educativos para niños" e xa nos aparece esta páxina no cuarto posto entre os resultados.
Esta divertida páxina ofrece unha gran variedade de actividades, tanto para facer en liña coma para descargar, para nenos de Educación Infantil e tamén para Primaria. Os nenos obterán a axuda para a comprensión e a aprendizaxe de coñecementos en diferentes áreas.
MUSICAEDUCA
A dirección desta páxina é: http://www.musicaeduca.es/recursos-aula/juegos
O camiño a seguir para acceder a esta web é: poñer no buscador "actividades musicales para niños" e xa nos aparece no segundo lugar entre os resultados.
Esta páxina ofrece unha serie de actividades e xogos en liña para aprender a linguaxe musical de forma lúdica. Están dirixidos para rapaces que se inician no mundo musical.
CHILDTOPIA
A dirección desta web é: http://childtopia.com/index.php?newlang=spa
Se queremos acceder a esta páxina só temos que poñer no buscador "materiales educativos para niños" e, entre os resultados, atopámolo en terceiro lugar.
Este recurso está ofrecido en diversos idiomas. Nel atopamos unha gran variedade de actividades educativas en liña para traballar diferentes ambitos, dependendo do que a nos máis nos conveña. Estes xogos están dirixidos a diversas idades, pois traballa con diversas áreas e niveis de dificultade.
Valoración persoal:
Escollimos estes enlaces porque nos pareceron moi sinxelos e didácticos. Tamén porque traballan diferentes ámbitos, áreas e idades e parecéronos interesantes para adquirir diversos coñecementos. Ámbolos tres recursos teñen actividades divertidas e moi atractivas para os raparigos.
.jpg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario