-->

Música!

venres, 26 de decembro de 2014

Ata máis ver pequerrechos e pequerrechas :)


Boas colegas! Pois nada, parece que isto vai remantando e por iso mesmo me sinto moi triste… Agora o que me toca é reflexionar sobre o meu paso pola materia e todo o que fixemos, así que, sen máis, vou comezar:

         En primeiro lugar, contarvos que a profe, Bea, un dos primeiros días mandounos facer unha dinámica que consistían en escribir nun papel os roles que creíamos que podían ter os/as compañeiros/as do noso grupo no mesmo, así como tamén o que pensábamos que teríamos nós. Esta mesma dinámica realizámola tamén un dos últimos días que tivemos clase e agora que xa sei os roles que os meus compañeiros e compañeiras me asignaron teño que decir que con algúns deles estou de acordo mentras que con outros non, posto que considero que non teñen razón. Nestes roles que me asignaron e dos que vos estou a falar percibin algúns cambios, algúns para mellor, outros para peor e outros mantivéronse. Non sei ben cal pode ser a razón disto, especialmente dos que foron a peor, máis que nada porque dende o meu punto de vista algúns compañeiros e compañeiras non teñen dereito a poñer iso porque eles e elas mesmas non foron moi colaborativos.

         En segundo lugar vouvos falar da Webquest que deseñamos. Esta, como futuro docente, así como tamén no meu futuro alumnado potenciará diferentes competencias e habilidades como por exemplo a de adquirir competencias dixitais. Creo que ten moitas vantaxes pero a principal é que ti mesmo, como docente podes elaborar as túas propias actividades, contidos, obxectivos… e como único inconveniente destaco a súa creación porque no meu caso nunca fixera unha.

         En terceiro lugar, e en relación ao contrato de traballo que pactamos coa profe, dicirvos que me parece unha excelente e magnífica idea, xa que, aínda que por veces resultaba algo agobiante ter unha data fixada para a entregar de traballo, isto é de gran axuda porque así sempre sabíamos o que tiñamos que facer, o que xa tiñamos feito e o que nos quedaba por facer, deste xeito levabamos todo ao día.

         En cuarto lugar, vou facer unha pequena reflexión sobre a materia. Hei de recoñecer que ao comezo non era moi amiga das novas tecnoloxías, non sabía utilizalas con fins didácticos e productivos e non entendía de que xeito estas podían axudar tanto a docentes como a alumnado. Despois do meu paso por esta materia deime conta de que as chamadas TIC poden ser de gran axuda e dado que na sociedade na que vivimos xa están implantadas paréceme importante sabelas usar e facer un bo uso das mesmas. Eso si, sen olvidar os libros de papel que considero que son moi importantes tamén. Quero destacar unha cousa desta materia que me encantou facer, a exposición e presentación oral do noso proxecto na aula, foi unha exposición pouco común, nunca fixera unha exposición dinámica, creativa, innovadora.. todas as feitas anteriormente tratáronse de exposicións formais e serias e penso que a realizada nesta materia me pode servir de moito porque aínda que a simple vista pareza moito máis sinxela necesita moita preparación.

E xa para rematar e que esto non se extenda máis (que xa bastante longo é jaja) agradecervos a vós, os meus amigos e amigas os Folerpas, os nosos seguidores, que estiverades aí xa que sen vós esto non tería sentido! :) Gracias tamén á miña profe Bea por ensinarme tantas cousas, descoñecidas ata agora, sobre as novas tecnoloxías.

Sen máis, despedirme de todos vós folerpas e dicirvos que vos botarei moito de menos pero que se tedes algunha dúbida non dubidedes en contactar con nós que estaremos encantados de solucionárvola!           

                         ¡ A Folerpa Uxía lévavos no corazón !


         

Uxía Gamallo Mariño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario