-->

Música!

martes, 2 de decembro de 2014

E para rematar ben o día... unha pizquiña de humor!

Boas noites, camaradas!

Os Folerpas queremos que vos vaiades a durmir cun sorriso na cara, así que hoxe imos deixarvos uns chistes con certa relación cos contidos que traballamos na nosa webquest. Esperamos que vos resulten divertidos.

Unha aperta! :)


- Xaimito, que planeta vai despois de Marte?
- Mércore.



- Xaimito, queres ir á lúa?
- Non, señorita!
- E por que non, Xaimito?
- Porque miña nai díxome: "en canto saias da escola, volve escopetado para casa!"

 - Xaimito, "chovía"... que tempo é?
- É un tempo moi malo, mestra.

- Xaimito, por que no inverno os días son máis curtos e en verán son máis longos?
- Porque a calor expande as cousas e o frío contráeas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario