Que tal? Disfrutando do inverno? Hoxe os Folerpas temos ganas de compartir con vós uns libros moi interesantes ambientados no inverno. Anímaste a somerxerte nestas apaixoantes aventuras con nós?
1. Estela, a raíña da neve
Sam é moi pequeno e nunca viu a neve, así que está cheo de preguntas. A súa irmá maior, Estela, sabe case todas as respostas e disfruta ensinándolle ao seu irmán todas as cousas boas dun día de neve.
2. En busca da neve
Despois dun longo inverno, un paxaro cóntalle a un caracol o duros que foron os meses de inverno. O caracol, que non sabe que é o frío nin a neve, queda cos seus amigos Abella e Ra para descobrir a neve. Na súa viaxe pasan moito frío pero, afortunadamente, Nai Natureza os protexe e os leva de volta a casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario