-->

Música!

xoves, 25 de decembro de 2014

REFLEXIÓN FINAL


Con respecto aos roles que me asignaron, todos foron positivos e similares, a pesar de que uns foron escritos ao comezo da materia e os outros ao remate desta. Aínda así, si notei que os primeiros eran máis “globais” posto que non nos coñeciamos. Mentres que os últimos, despois duns meses de traballo xuntos, xa eran roles máis concretos.

En canto á webquest, penso que, tendo competencias e habilidades tanto tecnolóxicas coma pedagóxicas, é unha ferramenta moi útil para os mestres, pero tamén para todo o alumnado. Para os primeiros, posto que é unha forma nova de ensino, de organizar as tarefas para o alumnado e, tamén, para complementar as clases ou mesmo para recordar o xa dado. Para o alumnado, coa webquest, aprende dunha forma didáctica, adquirindo competencias dixitais.

Por outro lado, o contrato de traballo pareceume unha ferramenta estupenda para a realización deste proxecto, pois grazas a el sempre tiñamos a man o que  había facer, o que xa estaba feito e o que había que modificar. En definitiva, mantíñanos ben informados en todo.


Para rematar esta reflexión, dicir que esta materia paréceme moi importante para a nosa formación como futuros docentes de educación infantil. Con ela aprendemos novas formas de ensino dixitais, así coma moitos recursos que nos serán de utilidade para o futuro. Por último dicir que este proxecto foi moi útil, ao mesmo tempo que divertido, levalo a cabo para a nosa formación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario